O tres de xullo pasado, na presentación do libro de Domingo Villar "O último barco", xa comentaramos que iamos facer un roteiro polos lugares da novela (que se desenvolve en Tirán para os/as que non a lestes) e xa a temos programada. Será o próximo 13 de outubro, a partir das 10 no porto de pasaxeiros (punto de saída).
Aproveitaremos ese día porque está a marea baixa e poderemos movérmonos pola praia.
Faremos varias paradas nas que aproveitaremos a ler algunhas pasaxes do libro (o autor non estará) e acompañarannos un arqueólogo e un arquitecto para falarnos da igrexa de San Xoán de Tirán