miércoles, 9 de octubre de 2019

O último barco : roteiro literario









O tres de xullo pasado, na presentación do libro de Domingo Villar "O último barco", xa comentaramos que iamos facer un roteiro polos lugares da novela (que se desenvolve en Tirán para os/as que non a lestes) e xa a temos programada. Será o próximo 13 de outubro, a partir das 10 no porto de pasaxeiros (punto de saída).
Aproveitaremos ese día porque está a marea baixa e poderemos movérmonos pola praia.
Faremos varias paradas nas que aproveitaremos a ler algunhas pasaxes do libro (o autor non estará) e acompañarannos un arqueólogo e un arquitecto para falarnos da igrexa de San Xoán de Tirán

martes, 8 de enero de 2019

Tertulia literaria: A vida que nos mata (Galaxia), de Xabier López López




Terá lugar o 25 de xaneiro na Biblioteca Pública de Moaña  a partir das 21: 00 horas


Ás nosas tertulias sempre acude o autor


                                                    Anímate e participa !!





martes, 16 de octubre de 2018

Tertulia literaria con Eli Ríos






O próximo venres, 26 de outubro, teremos a oportunidade de conversar con Eli Ríos, unha das voces máis interesantes da actual literatura galega. A tertulia xirará en torno á súa novela "Luns", publicada por Edicións Xerais de Galicia.




Lugar: Biblioteca Pública de Moaña
Día: venres, 26 de outubro
Hora: 21:00 horas
Entrada libre

viernes, 13 de abril de 2018

jueves, 18 de enero de 2018

Tertulia literaria con Miriam Ferradás



                            23 de febreiro ás 9 da noite na biblioteca pública municipal de Quintela
                                                    Centro Sociocultural Daniel Castelao
                                                                      (entrada libre)





jueves, 7 de diciembre de 2017

Microrrelato gañador do 15º Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria



Lelalela


Non é que sexa rara, ten gustos definidos. Encántalle cantar, pero só en contacto coa auga. É como se fose serea, pero non quere ser romántica nin chorradas polo estilo e pénsase cabareteira, pero en plan ben, en plan Marlénditrich. Cando lava a louza canta baixiño, coas lubas plástico rosa, putyubleinonmi, bois. Só entende o dos bois e tira do bordo de goma, pupupidú. Deletréao co cú, como se tivese vinte e non case oitenta, iso non se di. Cando se ducha -nos días impares- fai algo de zarzuela. O resto dos días, que toca baño de asento, copla lixeira, delbarriodesantacrúereunhermozoclavé. Se hai pingueiras, que as hai, na súa bufarda velliña de pensionista, recolle gotas coa lingua e dáse a aquilo de miudiñomiudiño, e mesmo vai collendo unha lixeira borracheira; despois durme. Agora si, cando trona, cando o trebón de mediados de agosto ameaza con mandar unha chuvia case monzónica de tan mesta e pegañenta, Lilimarlén sae por rimeira e única vez da casa en todo o ano, coas botas militares herdadas de seu pai, morto dun disparo nas terras do Ebro, e cunha bata de guata que pagou en reais e oñeceu épocas de botóns e flores. Aí é cando canta até o dano, e remata chorando nas pozas, leliñaporqueneumorro, tola de amor, a vella tola. Hoxe tampouco virán por ela.


Emma Pedreira

lunes, 18 de septiembre de 2017

Tertulia literaria con Lara Dopazo Ruibal


O próximo 6 de outubro, venres, ás 21:00 horas na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela), charlaremos con Lara Dopazo Ruibal sobre o seu poemario "Ovella", obra premiada no XIX Certame Francisco Añón de Poesía (Ano 2015)

Bases do XV Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria"


martes, 4 de abril de 2017

Próxima tertulia literaria: A ira dos mansos





                    "A ira dos mansos", de Manuel Esteban










O día 21 de abril, ás 9 da noite, na Biblioteca Municipal de Moaña. Contaremos, coma sempre, coa presenza do autor

Día do Libro 2017

LONXA LITERARIA DE MOAÑA

DÍA DO LIBRO 2017


Queres desfacerte deses libros aos que xa non sabes que lles facer?


Nós dámosche a posibilidade de darlles nova vida coa busca de novas persoas que os lean.


Recollemos doazóns de libros ata o 21 de abril na biblioteca municipal de Quintela (Moaña).


Os libros recollidos repartiranse o vindeiro sábado 22 de abril a partir das 5:30 da tarde no paseo marítimo


ANÍMATE E PARTICIPA



jueves, 2 de febrero de 2017

Tertulia literaria na Axencia de Lectura de Meiro (Bueu)


A escritora Inma López Silva conversará sobre o seu último libro o 23 de febreiro ás 20 horas na Axencia de Lectura de Meiro. Achégate!

lunes, 21 de noviembre de 2016

Mircrorrelato gañador XIV Certame Microrrelatos Lonxa Literaria

 
O ladrón de soños



Subín ó eirado da biblioteca pra me deleitar coas vistas: a dereita, máis aló dos arrabaldes, a chaira; de fronte, a praia co illote do Demo e o mar embravecido; ás miñas costas os bastos prados da cooperativa, e ao sur a serra do Mangoiro e os seus penedos facendo equilibrios nos cumios. Ata se vía pratear a fervenza do río Pequeno. Era día de feira e abaixo, na rúa, o tráfico e a xente parecían formigas rebulindo dun lado para outro. Mergullado na paisaxe e nas miñas lideiras, achegouse onda min un vello que, tralo saúdo de cortesía e un breve interrogatorio: que fas por aquí, de onde ves, entón tí de quen ves sendo... contoume que era músico, e faloume dun forasteiro que estivera na vila hai moito tempo, un descoñecido que por un recadeiro achegáralle unha moeda de ouro para que fora onda el. E iso fixera. Non tiña nada que perder, pensara. E pensara mal. Xa que perdera, e moito. Aquel estranxeiro roubáralle os soños, e todo por unha moeda de ouro! Dende aquela non volvera facer música. Dicía que sen soños non hai imaxinación e sen imaxinación non hai fantasía, nin música, nin contos, nin nada. Non sei o tempo que pasei cismanado niso. Xa era tarde, estaba só e aparvado, como se acabara de espertar dun sono. Freguei os ollos, botei unha última ollada darredor e baixei. Asemade atopei no chan unha moeda dourada e soou o móbil: número “descoñecido”. Casualidade? non sei, pode. Pero por se acaso, nin moeda nin chamada. Lisquei dalí.
 
Susana Villamor Prieto

martes, 15 de noviembre de 2016

Aprazamos a tertulia con Diego Giráldez

Cambios imprevistos na axenda dalgúns invitados principais obrígannos a aprazar a celebración da tertulia sobre o libro de relatos "Galería de saldos", prevista para o venres 18 de novembro, ata novo aviso.

Desculpade as molestias

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Próxima tertulia literaria: Galería de saldos (18 de novembro)


Xa temos fixada a vindeira tertulia para o 18 de novembro con Diego Giráldez. O libro é Galería de saldos. É narrativa e está editado en Xerais. 
O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela) a partir das 21:00 horas