jueves, 5 de abril de 2018
jueves, 18 de enero de 2018
Tertulia literaria con Miriam Ferradás
23 de febreiro ás 9 da noite na biblioteca pública municipal de Quintela
Centro Sociocultural Daniel Castelao
(entrada libre)
jueves, 7 de diciembre de 2017
Microrrelato gañador do 15º Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria
Lelalela
Non é que sexa rara, ten gustos definidos. Encántalle cantar, pero só en contacto coa auga. É como se fose serea, pero non quere ser romántica nin chorradas polo estilo e pénsase cabareteira, pero en plan ben, en plan Marlénditrich. Cando lava a louza canta baixiño, coas lubas plástico rosa, putyubleinonmi, bois. Só entende o dos bois e tira do bordo de goma, pupupidú. Deletréao co cú, como se tivese vinte e non case oitenta, iso non se di. Cando se ducha -nos días impares- fai algo de zarzuela. O resto dos días, que toca baño de asento, copla lixeira, delbarriodesantacrúereunhermozoclavé. Se hai pingueiras, que as hai, na súa bufarda velliña de pensionista, recolle gotas coa lingua e dáse a aquilo de miudiñomiudiño, e mesmo vai collendo unha lixeira borracheira; despois durme. Agora si, cando trona, cando o trebón de mediados de agosto ameaza con mandar unha chuvia case monzónica de tan mesta e pegañenta, Lilimarlén sae por rimeira e única vez da casa en todo o ano, coas botas militares herdadas de seu pai, morto dun disparo nas terras do Ebro, e cunha bata de guata que pagou en reais e oñeceu épocas de botóns e flores. Aí é cando canta até o dano, e remata chorando nas pozas, leliñaporqueneumorro, tola de amor, a vella tola. Hoxe tampouco virán por ela.
Emma Pedreira
lunes, 18 de septiembre de 2017
Tertulia literaria con Lara Dopazo Ruibal
O próximo 6 de outubro, venres, ás 21:00 horas na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela), charlaremos con Lara Dopazo Ruibal sobre o seu poemario "Ovella", obra premiada no XIX Certame Francisco Añón de Poesía (Ano 2015)
martes, 4 de abril de 2017
Próxima tertulia literaria: A ira dos mansos
"A ira dos mansos", de Manuel Esteban
O día 21 de abril, ás 9 da noite, na Biblioteca Municipal de Moaña. Contaremos, coma sempre, coa presenza do autor
Día do Libro 2017
LONXA
LITERARIA DE MOAÑA
DÍA
DO LIBRO 2017
Queres
desfacerte deses libros aos que xa non sabes que lles facer?
Nós
dámosche a posibilidade de darlles nova vida coa busca de novas
persoas que os lean.
Recollemos
doazóns de libros ata o 21
de abril na biblioteca municipal de Quintela (Moaña).
Os
libros recollidos repartiranse o vindeiro sábado
22 de
abril a
partir das 5:30 da tarde no paseo marítimo
ANÍMATE
E PARTICIPA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


