jueves, 2 de febrero de 2017
Tertulia literaria na Axencia de Lectura de Meiro (Bueu)
A escritora Inma López Silva conversará sobre o seu último libro o 23 de febreiro ás 20 horas na Axencia de Lectura de Meiro. Achégate!
viernes, 13 de enero de 2017
lunes, 21 de noviembre de 2016
Mircrorrelato gañador XIV Certame Microrrelatos Lonxa Literaria
O
ladrón de soños
Subín
ó eirado da biblioteca pra me deleitar coas vistas: a dereita, máis
aló dos arrabaldes, a chaira; de fronte, a praia co illote do Demo e
o mar embravecido; ás miñas costas os bastos prados da cooperativa,
e ao sur a serra do Mangoiro e os seus penedos facendo equilibrios
nos cumios. Ata se vía pratear a fervenza do río Pequeno. Era día
de feira e abaixo, na rúa, o tráfico e a xente parecían formigas
rebulindo dun lado para outro. Mergullado na paisaxe e nas miñas
lideiras, achegouse onda min un vello que, tralo saúdo de cortesía
e un breve interrogatorio: que fas por aquí, de onde ves, entón tí
de quen ves sendo... contoume que era músico, e faloume dun
forasteiro que estivera na vila hai moito tempo, un descoñecido que
por un recadeiro achegáralle unha moeda de ouro para que fora onda
el. E iso fixera. Non tiña nada que perder, pensara. E pensara mal.
Xa que perdera, e moito. Aquel estranxeiro roubáralle os soños, e
todo por unha moeda de ouro! Dende aquela non volvera facer música.
Dicía que sen soños non hai imaxinación e sen imaxinación non hai
fantasía, nin música, nin contos, nin nada. Non sei o tempo que
pasei cismanado niso. Xa era tarde, estaba só e aparvado, como se
acabara de espertar dun sono. Freguei os ollos, botei unha última
ollada darredor e baixei. Asemade atopei no chan unha moeda dourada e
soou o móbil: número “descoñecido”. Casualidade? non sei,
pode. Pero por se acaso, nin moeda nin chamada. Lisquei dalí.
Susana
Villamor Prieto
martes, 15 de noviembre de 2016
Aprazamos a tertulia con Diego Giráldez
Cambios imprevistos na axenda dalgúns invitados principais obrígannos a aprazar a celebración da tertulia sobre o libro de relatos "Galería de saldos", prevista para o venres 18 de novembro, ata novo aviso.
Desculpade as molestias
Desculpade as molestias
miércoles, 2 de noviembre de 2016
Próxima tertulia literaria: Galería de saldos (18 de novembro)
Xa temos fixada a vindeira tertulia para o 18 de novembro con Diego Giráldez. O libro é Galería de saldos. É narrativa e está editado en Xerais.
O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Moaña (Quintela) a partir das 21:00 horas
martes, 6 de septiembre de 2016
Próxima tertulia literaria
Querido H.P. Lovecraft, de Antonio M. Fraga Allegue
Será o 30 de setembro a partir das 21:00 horas na Biblioteca Pública de Moaña (Quintela)
Contaremos coa presenza do autor, coma sempre...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


