lunes, 14 de septiembre de 2015

BASES XIII CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA (CERTAME 2015)



Xa está aberto o prazo do XIII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña. Aquí tedes as bases. Animádevos e participar.


1.- Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. O texto deberá conter necesariamente a palabra NORDÉS.
2º.- Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio DUN LOTE DE CONSERVAS DA RÍA.
3º.- Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4º.- Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír outro co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior.
5º.- Tamén se poderán remitir por correo electrónico a info@lonxaliteraria.net. Ao correo deberán xuntárselle dous arquivos, un co microrrelato e outro cos datos persoais do autor ou autora.
6º.- Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2015
7º.- O veredicto do xurado farase público o 21 de novembro do ano en curso. En decembro de 2015 farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa.
8º.- A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación (www.lonxaliteraria.net). Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
9º.- O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
10º.- O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.