lunes, 14 de septiembre de 2015

BASES XIII CERTAME DE MICRORRELATOS LONXA LITERARIA (CERTAME 2015)



Xa está aberto o prazo do XIII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña. Aquí tedes as bases. Animádevos e participar.


1.- Os microrrelatos deberán estar escritos en galego normativo cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e cunha letra tipo Times New Roman, nº 12. O texto deberá conter necesariamente a palabra NORDÉS.
2º.- Convócase unha única categoría de participación á que se dotará dun premio DUN LOTE DE CONSERVAS DA RÍA.
3º.- Se a calidade dos traballos presentados así o aconsella, nomearase un ou dous accésits. De non acadar a calidade necesaria, o xurado poderá declarar o premio deserto.
4º.- Os traballos remitiranse en sobre sen remitente á LONXA LITERARIA, Centro cultural Daniel Castelao, Quintela s/n, 36950 Moaña, Pontevedra. Dentro deste sobre deberase incluír outro co título do relato no seu exterior e os datos do autor ou autora no interior.
5º.- Tamén se poderán remitir por correo electrónico a info@lonxaliteraria.net. Ao correo deberán xuntárselle dous arquivos, un co microrrelato e outro cos datos persoais do autor ou autora.
6º.- Remitiranse tres copias de cada dos microrrelatos antes do 31 DE OUTUBRO DE 2015
7º.- O veredicto do xurado farase público o 21 de novembro do ano en curso. En decembro de 2015 farase entrega do premio que se debe recoller persoalmente ou por delegación expresa.
8º.- A publicación do traballo premiado realizarase a través da páxina web desta asociación (www.lonxaliteraria.net). Non obstante, resérvase a posibilidade de publicación noutro tipo de soportes no futuro.
9º.- O feito de concursar supón a aceptación destas bases e a resolución do xurado.
10º.- O xurado do certame estará formado por dúas persoas de recoñecido prestixio do ámbito da literatura.

3 comentarios:

  1. Ola!

    O ano pasado participei neste certame. Non fun o gañador nin quen obtivo o accésit. Quería saber que pasou cos outros traballos, coma o meu, se foron destruídos... É porque quería presenta-la miña modesta obra a outro certame no cal, coma vós, piden un relato inédito e que non se publicase en ningunha parte. Espero que me respondades, e así mesmo quedo agradecido anticipadamente.

    Aproveitando este correo, quero comentar que me gusta o concurso que celebrades cada ano; seguide así, seguro que continúa tendo moito éxito e saen relatos tan vos coma os que xa viron a luz. Eu prometo aporta-lo meu pequeno gran de area participando unha vez máis.

    Un saúdo cordial.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Manuel

      Desculpa o atraso en contestarche pero tivemos problemas coa páxina web e estamos configurando un blog.
      Sinto comunicarche que aqueles textos que non se premian, destrúense polo que non temos o teu traballo.
      Con todo, estaremos encantados de recibir no futuro as túas propostas.
      Moitas grazas polo teu interese e desculpas novamente.
      Saúdos

      Lonxa Literaria

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar